Boiro Novo solicitará no pleno medidas que garantan unhas festas de verán diversas e inclusivas

31 Xullo 2019

20190731. O grupo municipal Boiro Novo presentou unha moción que se debaterá no pleno para que as próximas festas boirenses se organicen “con criterios de inclusividade para colectivos con diversidade funcional.”

Desde a formación sinalan que o obxectivo é o de repensar o deseño e organización dos festexos do verán, tendo en conta as necesidades e particularidades da poboación. Apuntan que isto débese a que as celebracións de Boiro teñen unha especial relevancia tanto para a cidadanía do municipio, ao coincidir co período de descanso e de lecer, coma para o resto da comarca, constituíndo un importante atractivo turístico.

Por todo isto, Boiro Novo considera que chegou o momento de redefinilas, posto que “faise necesario que se promovan medidas de accesibilidade e inclusión en todas as actividades” e referencia o artigo 57 relativo á Prestación de servizos para as persoas con diversidade funcional (RLD 1/2013, texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social).

Deste xeito, a formación solicita que se aproben unha serie de medidas inclusivas “para todas as diversidades existentes no público asistente ás festas sen prexuízo de incluír calquer outras que se estimen oportunas.” Así, requiren que os espazos físicos das actividades sexan accesibles; que se habiliten atraccións para tódolos públicos; que haxa contido con diversidade cultural; que se dispoña de horarios das xornadas musicais para todas e todos; que existan espazos ou xornadas horarias libres de ruído; a necesidade da salubridade das festas; que se estableza comunicación accesible dos eventos; e que a diversión estea “ligada a novos valores.”

Outros artigos

Arde un vehículo na saída da AG-11 en Boiro sen causar feridos

Un incendio nun vehículo obrigou a intervir aos bombeiros do parque provincial de Boiro arredor das 18:42 horas, despois de que o 112 Galicia alertase dun lume na saída 24 da AG-11, no termo municipal de Boiro. O incidente tivo lugar no aparcadoiro de Espiñeira, onde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.