A cuarta edición da Andaina Solidaria co Alzhéimer percorrerá enclaves do municipio ribeirense

07 Agosto 2019

20190807. Tal e como anunciáramos a semana pasada, o municipio de Ribeira vai acoller o vindeiro venres, 23 de agosto, a cuarta edición da Andaina Solidaria co Alzhéimer. Hoxe tivo lugar a presentación deste evento na Casa do Concello, onde se manifestou a pretensión de acadar un éxito de participación semellante ao do ano pasado, no que preto de 300 persoas se animaron a involucrarse nesta altruísta iniciativa consolidando a proposta.

A presidenta da asociación AGADEA, Isabel Gey, acompañada da responsable do Centro de Alzhéimer de Ribeira, Noelia Riaño; de Eduardo Iglesias, en representación de Arousa NeO, entidade encargada dos aspectos técnicos; e de Ana Ruiz, concelleira de Servizos Sociais, explicaron os detalles desta actividade de 10 quilómetros de distancia, aínda que caberá a posibilidade de percorrer unicamente un anel de 3 quilómetros pensado en aqueles que non se vexan con forzas para completar o circuíto completo.

Segundo recordou Isabel Gey, a pretensión da andaina reside en visibilizar a problemática do alzhéimer coas necesidades e dificultades que supón. A cita sairá ás 21.00 horas do parque García Bayón e pasará por Coroso, Deán para pasar polo paseo marítimo de Coroso, avenida da Coruña, Deán, petróglifo da Pedra das Cabras, ermida de San Alberte e regresar novamente ao García Bayón. A cita estará amenizada pola agrupación Chorimas de Queiruga.

Dado que  se desenvolve entre lusco e fusco hai que levar lanterna ou aparello similar. Ao concluír haberá un avituallamento e, por outra parte, ás 21.30 horas, para os acompañantes e para todos aqueles que o desexen achegarse ata a praza da Concordia, proxectarase a curtametraxe Bicicleta, cuchara, manzana, que reflexa a loita de Pasquall Maragall e a súa familia contra a enfermidade do alzhéimer.

A inscrición nesta andaina, a cal está aberta a calquera idade, supón unha doazón de 5 euros e pódese formalizar na páxina web www.agadea.org  e chamando ou enviando un whatsapp ao número 672 705 053.

A edil Ana Ruiz animou a veciños e visitantes a que se apunten nesta solidaria iniciativa na que terán a oportunidade de coñecer ademais algúns dos máis fermosos atractivos do municipio.

Outros artigos

Ribeira volverá gozar da música ao abeiro da Aula Galega deSaxofón

A décimo oitava edición da Aula Galega de Saxofón chega ao Conservatorio Profesional de Música "Enrique Paisal" neste mes de maio. Trátase dun ciclo formativo arredor de dito instrumento con participación de alumnado do conservatorio ribeirense, así como doutros...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.