Unha andaina percorrerá os sendeiros da memoria

01 Agosto 2019

20190801. O venres, 23 de agosto, terá lugar a IV Andaina Solidaria co Alzhéimer de Ribeira, mantendo o lema ‘Os camiños da memoria’. Este evento deportivo enmárcase nas celebracións do 25 aniversario de AGADEA.

Así, o parque García Bayón converterase no punto de saída e chegada de aproximadamente 250 participantes. O formato da andaina contará con dous aneis de distinta lonxitude, buscando adaptarse a tódolos públicos. Deste xeito, o anel curto será de 3 quilómetros percorrendo o parque García Bayón e o paseo das Carolinas ata entrar no paseo marítimo de Coroso. Despois, acompañaranse aos participantes na ruta longa ata Deán Grande e desde aí retornarase pola estrada de acceso ata o cruce coa avenida da Coruña, onda Casa Fontao, entrando novamente no paseo marítimo para retornar ao punto de saída polo paseo das Carolinas. Por outra banda, o anel longo dispón de 10 quilómetros de distancia e desenvolverase polo monte de San Alberte chegando ata a ermida, e un pequeno tramo polo monte de Espinle, baixando pola zona coñecida como A Cañoteira dirección á Carballa, pasando pola Pedra das Cabras. Desde aí, retornarase pola estrada de acceso a Deán Grande ata o cruce coa avenida da Coruña, xunto a Casa Fontao, entrando novamente no paseo marítimo de Coroso para volver ao parque García Bayón polo paseo das Carolinas. Ademais, o avituallamento intermedio situarase á altura da capela de San Alberte e estará amenizada pola agrupación Feitos Polbo.

Para o peche do evento, estará previsto un avituallamento final.

Como novidade, aquelas persoas que agarden polos camiñantes que realizan o anel menor poderán visionar o documental Bicicleta, cuchara, manzana, filme de Carles Bosch baseado na loita contra a enfermidade de Pasqual Maragall e a súa familia. Esta proxección dará comezo a partir das 21.30 horas, cunha duración dunha hora e media.

A proxección e animación correrá a cargo de Musieventos.

A saída, prevista para as 21.00 horas, será amenizada pola Agrupación Folclórica Chorimas de Queiruga, mentres que a chegada será ao redor das 23.30 horas.

Os interesados poden anotarse antes do mércores, 21 de agosto, ou ata completar o límite de prazas establecido en 250 persoas, cunha doazón de 5 euros destinados á loita contra o alzhéimer. As inscricións poden formalizarse de xeito presencial no Centro de Día de Ribeira, no teléfono 672705053 ou na páxina web www.agadea.org dentro da ligazón https://bit.ly/2LtzajU.

Desde a organización recomendan levar iluminación axeitada e anuncian que os participantes recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa do evento. Así mesmo, trasládanlle o seu agradecemento a Arousa NeO pola súa colaboración, ao Concello de Ribeira polo seu apoio e implicación e aos demais colaboradores e patrocinadores que fan posible esta iniciativa.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...