A Banda de Música de Boiro repasa catro décadas de música popular

02 Agosto 2019

20190802 A Banda Municipal de Música de Boiro, ás ordes do profesor Martín Baleirón Frieiro, vai organizar o vindeiro 9 de agosto unha máquina do tempo musical: a recreación, en formato “banda de música”, do que sería unha escolma de éxitos das pasadas décadas (as cancións que máis soaban nas radios e nas xuntanzas festivas nos anos cincuenta, sesenta, setenta e oitenta, moitas das cales son grandes descoñecidas das novas xeracións).

O concerto, que comeza ás 21.00 horas na praza do Centro Social, contará coa presenza dos solistas Olalla Bouzas e Fernando Docampo. A cita musical, que vén da man da propia Banda Municipal, o Concello e a Deputación da Coruña, tamén contará (como non podía ser doutra maneira) co músico rianxeiro Martín Baleirón Frieiro, director da agrupación dende 2014, logo do seu paso polas bandas municipais de Vilagarcía e Santiago e a súa longa experiencia docente no Conservatorio Felipe Carbajal de Noita ou nas escolas de música de Bandeira, Fontiñas (Santiago) ou Catoira.

Para saber máis da traxectoria e do día a día da banda boirense, cómpre visitar o Facebook de seu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...