A ABE repartiu 200 euros en vales de compra para despedir a ludoteca

30 Agosto 2019

20190830. A ludoteca, situada no local multiusos da praza de abastos de Boiro, acolleu hoxe, ás 13.30 horas, os dous sorteos presenciais de 100 euros en vales de compra para utilizar nos establecementos colaboradores coa Asociación Boirense de Empresarios (ABE). O acto contou coa presenza do presidente da ABE, Daniel García, e do alcalde José Ramón Romero.

Unha das nenas presentes foi a man inocente encargada de sacar a papeleta campioa do primeiro dos sorteos, o cal tivo en conta as entradas utilizadas na ludoteca. O azar quixo que o número triunfante fose o 14527, correspondente a Lidia Hermo Martís, nai da cativa.

No caso do sorteo entre tódolos clientes que cubriron o reverso dos recibos de compra dos comercios asociados, houbo que sacar ata tres boletos, pois os dous primeiros nomes non estaban no lugar. Finalmente, a gañadora foi Patricia González Vilas.

Ademais, co obxectivo de despedir a ludoteca, celebrouse unha festa con entrada libre, desde as 11.00 ata as 13.30 horas, onde os máis pequenos da casa puideron realizar manualidades, globoflexia e pintura de cara, entre outros.

Daniel García sinalou que ao longo desta iniciativa participaron ao redor de 200 cativos, así como “bastantes persoas” nos sorteos, polo que están “contentos coa repercusión.” De feito, a intención é darlle continuidade o próximo ano e non descartan facer algo semellante durante a tempada de Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.