200 nadadores citaranse na 26ª Travesía a Nado Praia de Coroso

13 Agosto 2019

20190813.- Máis de 200 nadadores vanse dar cita este xoves 15 de agosto na 26ª edición da Travesía a Nado Praia de Coroso: un máis que consolidado evento organizado polo Club Natación Riveira, que foi presentado no
consistorio municipal por Julio Simarro, presidente da entidade; por
José Carlos Matilla, vicepresidente; e pola concelleira de Deportes
Juana Brión.
A recollida de dorsais terá lugar de 9.30 a 10.15 horas. Ás 11 está
prevista a saída dos participantes na distancia de 1.250 metros (con
catro categorías: nados 2006 e 2007, nados 2004 e 2005, nados
2002 e 2003 e “popular” –nados 2001 e anteriores–) mentres que
en torno ás 11.40 horas mergullaranse nas augas de Coroso os
inscritos na distancia de 2500 metros (absoluta, e master 1, 2, 3 e
4), que é puntuable para o Circuíto Galego de Augas Abertas 2019.
Por último, ás 12.45 horas sairán os nados en 2008 e posteriores
para cubrir unha lonxitude de 400 metros. Ás 13.30 horas será a
entrega de trofeos.
Julio Simarro quixo dar ás grazas aos colaboradores na
organización da proba (especialmente ao comercio local, que se
implicou grandemente), así como ao Concello e a Protección Civil.
Juana Brión animou á veciñanza a disfrutar desta actividade e do
entorno natural e destacou aos grandes nadadores participantes,
entre os cales se contan algúns que forman parte da selección
nacional nesta especialidade, como o aguiñense Álex Lages,
Gaspar Andrade ou Andrea Domínguez, entre outros.

PRESENTACION DA TRAVESÍA A NADO PRAIA DE COROSO

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.