Unha nova edición de Deporte na Rúa chega a Rianxo

17 Xullo 2019

20190717. Rianxo celebrará este venres 19, a partir das 20.30 horas, unha nova edición do Deporte na Rúa. Así, a praza de Castelao acollerá o desenvolvemento de diversas actividades para tódalas idades tales coma baloncesto 3×3, fútbol 3×3, bádminton, xogos tradicionais, fitness e inchables, entre outros.

Neste evento deportivo colaborará AQUAFIT, empresa concesionaria da piscina municipal, o Club Baloncesto Rianxo, o Club de Artes Marciais e Deporte de Combate de Rianxo, O Barbanza Rugby Club, e o Club de Remo Rianxo.

As inscricións son de balde e faranse na propia praza de Castelao no momento da actividade.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...