Taragoña vivirá durante catro días as súas festas

17 Xullo 2019

20190717. A parroquia rianxeira de Taragoña celebra as súas festas a partir de mañá. Numerosas actividades e actuacións musicais colman a programación.

La Fórmula, Assia, o grupo de gaitas Buxaina de Taragoña e a charanga Os Xirimbaos da Estrada animarán a xornada de mañá, xoves 18. Dimensión, La Nave, o grupo @Jaitas Blue e a Banda de Música de Rianxo collerán o testemuño para o venres 19. Así mesmo, terá lugar a comida popular con sesión vermú a cargo de cabina móbil Soundivan e o serán tradicional organizado por Pandereteiras Teixedal coa colaboración da Comisión de Festas, actuando Teixedal, As da Cantareira, Buxaina de Taragoña, Fogo Fatuo, O Con Grande, Músicas da Silveira, Vai de Roda, Lusco e Fusco, Aturuxo na Codeseira, Pandereteiras Muíños do Vento, Nunca e Tarde e Aínda e Cedo, entre outros.

O sábado 20 contará coas actuacións de Mar Azul, Kamelot, cabina móbil Soundivan, charanga Os Atrevidos da Estrada, Os Cangrexeiros de Taragoña e pandereteiras Lumieira de Boiro. Tamén se desenvolverá o Pequexogo e mexilloada doada por PROAFER. O domingo 21 toca despedirse dos festexos da man de Tango, cabina móbil Soundivan, Banda de Música Municipal de Boiro e grupo de gaitas Rio de Anxo de Rianxo.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.