Steve Krase e a súa banda de blues e pub rock recalan hoxe na Pousada de Boiro

12 Xullo 2019

20190712 A Pousada da Galiza Imaxinaria, a gran contribución de Barbanza á rede mundial de escenarios musicais referentes, vai contar este venres coa presenza de Steve Krase, músico pertencente ao escena local de Houston e considerado pola comunidade internacional de seareiros do blues, o rock e o country como un auténtico virtuoso da harmónica.

Krase, que ten unha carreira ateigada de premios (proclamouse vencedor en dúas ocasións do desafío International Blues Challenge), actuará no local de Boiro a partir das 23.00 horas. O prezo da entrada será de 10 euros.

Un algo de biografía

Steve Krase naceu en Brooklyn, NY, e pasou algún tempo en Ohio, California e Louisiana. Agora, tras case 30 anos ligado á escena Houston, Krase mestura na súa proposta musical os alicerces de todos estes espazos xeográficos nos que deixou pegada, e que tamén lle deixaron pegada a el, coa cerna do tronco cultural da devandita cidade texana, unha cerna da que deu conta vendo tocar, nunha mesma noite, a xigantes como Joe Guitar Hughes, Texas Johnny Brown, Grady Gaines ou Lil Joe Washington.

Krase defínese como “completamente autodidacta”, pero contou con numerosos mentores musicais durante o seu tempo en Houston, incluíndo Trudy Lynn, o falecido Pete Mayes, Jerry Lightfoot e Big Walter o Thunderbird.

Krase comezou a tocar a harmonica aos 16 anos e inspirouse nunha cocteleira de xéneros para dar forma ao seu estilo: blues, pub rock, punk, country, glam e electrónica. Porén, a principal influencia musical de Krase é The J. Geils Band, a banda de blues-rock que deu forma ao célebre Centerfold, número un das listas.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...