Rianxo obtén o diploma de ouro da rede de praias sen fume

24 Xullo 2019

20190724 Rianxo recibiu esta semana un importante recoñecemento ao seu compromiso medio-ambiental e ao fomento dos hábitos de vida saudábeis. Estamos a falar do diploma de ouro que entrega a Consellería de Sanidade aos Concellos da Rede Galega de Praias Sen Fume que estenden a todos os areais dos seus territorios as medidas de loita contra o tabaco. O diploma foille entregado ao alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, da man do director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares Rodríguez. Na mesma xornada tamén foi recoñecido o compromiso do Concello de Vilaboa, en Pontevedra.

A Rede Galega de Praias sen Fume está constituída por un total de 141 praias (29 delas son fluviais) pertencentes a 64 municipios, o que implica que os visitantes a estes espazos naturais poderán desfrutar dun ambiente de lecer ceibe de tabaco. A rede iniciou a súa andaina no ano 2016, con 26 praias de 19 concellos, partindo dunha iniciativa do Concello de Baiona do ano 2012.

Na actualidade, son xa 10 os concellos coa acreditación de ouro, é dicir, que teñen todas as súas praias dentro da rede. Este concellos son Baiona, Corcubión, Rianxo, Barreiros, A Guarda, Noia, Vilaboa, Cerdedo-Cotobade, Dumbría e Cabana de Bergantiños. Ademais, outros 13 contan coa categoría de prata, é dicir, que como mínimo teñen a metade das praias do concello dentro da rede.

Praias sen Fume é unha iniciativa da Consellería de Sanidade, pioneira a nivel estatal. Ten o obxectivo de educar e sensibilizar sobre os efectos negativos do tabaco, poñendo o foco no seu consumo nas praias, onde non só é prexudicial polo fume causado, senón por rematar, boa parte das cabichas, entre as areas.

Rianxo conta coas seguintes praias adheridas: Tanxil, As Cunchas, Porrón e A Torre. Ribeira ten protexidas as praias de Río-Azor e O Touro, Pobra ten O Areal e Boiro, Barraña e Carragueiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.