Os emigrantes retornados do Barbanza continúan coa súa loita

31 Xullo 2019

20190731. Coma cada mes desde fai case 6 anos, a Plataforma de Emigrantes Retornados do Barbanza congregouse esta mañá diante da delegación de Facenda de Ribeira, para despois manifestarse polas rúas da cidade ata a praza do Concello.

Carlos Ansoar, en calidade de voceiro da plataforma, manifestou que a situación que viven estas persoas vén por “esa lei inxusta, arbitraria e discriminatoria que fixo o PSOE no seu momento con Zapatero, que a deixaron nun caixón, e despois chegou o PP que veu cartos e empezou a aplicala.” Deste xeito, indicou que a súa aplicación significa que exista dobre pagador e que os xubilados desta zona empecen a cotizar a partir de 12.500 euros, mentres que os que sempre traballaron en territorio español é a partir de 22.000 euros. Ansoar expresou que a pretensión destas mobilización é “pagar o que lle corresponde coma outro traballador do Estado español.”

Tamén apuntou que Europa xa emitiu dúas sentenzas a favor destas reclamacións, pero que os diferentes Gobernos obviaron esas obrigas.

Por outra banda, sinalou que estas manifestacións serven para que se vaian solucionando e avanzando en moitos casos. Por iso, cada vez hai menos xente, feito ao cal se engade a morte dalgúns dos seus integrantes.

Outro dos aspectos que quixo puntualizar Ansoar foi que a Administración Pública “sempre tenta facer demagoxia e manipular de que o que reclaman é que eles non queren pagar”, procurando desacreditar así o labor destes xubilados.

Así mesmo, afirmou que “o presidente da Xunta nunca se quixo reunir con este colectivo porque, como é unha cousa a nivel estatal, xa non ten nada que pintar aí, cousa que sempre lle recriminamos porque el é o representante máximo das galegas e dos galegos.”

Ademais, aproveitou para lembrar a Manolo Domínguez, presidente da Asociación de Emigrantes Retornados ‘Marusía’, quen faleceu días atrás e que “tanto fixo para que os emigrantes retornados consigan todo isto polo que están loitando.”

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...