Os dorneiros someterán a exame as súas singulares habilidades

23 Xullo 2019

20190723. Penúltimo día dorneiro, pois esta festa vai chegando ao fin. Iso si, o ritmo non baixa. Hoxe toca a ‘II Maratasón Infantil’ para os minidorneiros, ás 11.31 horas. Xa pola tarde, ás 16.22 horas, celebrarase o ‘Trinautlón Dorneiro’ con probas en táboas de surf, en kayak ou en táboas de paddle. Ás 19.33 horas, será a quenda dos adultos no ‘Maratasón Dorneiro’, polo que terán que intentar superar o listón alto establecido polos máis pequenos.

Despois de tanta actividade física, toca afinar para dar o mellor de si na ‘Jran Final do Sertame Itinerante da Cansión de Tasca’, ás 21.41 horas. E falando de música, a partir das 22.54 horas, continúan as actuacións do Rock & Dorna, nesta ocasión a cargo de La Fuga para, ás 00.41 horas, darlle paso a Reincidentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.