Os concellos recibirán axudas da Xunta de Galicia para promocionar o uso do galego

19 Xullo 2019

20190719. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou da 0resolución das axudas da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 15 de marzo de 2019.

Os catro concellos que conforman a comarca no norte da ría de Arousa recibirán ditas axudas, que se distribúen entre as entidades locais que as solicitaron individualmente ata alcanzar os 3.000 habitantes mínimos que esixía a convocatoria.

Así, as entidades beneficiarias prestaranlle á poboación servizos lingüísticos baixo algunha das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes ou a implantación de programas de dinamización lingüística.

A contía asignada a esta zona é de preto de 18.000 euros. Os concellos beneficiarios teñen a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019 e o prazo para xustificar as axudas rematará o vindeiro 21 de outubro.

Con esta resolución, créanse dous novos servizos lingüísticos e apóiase a continuidade da actividade doutras 35 unidades técnicas de traballo que lles dan cobertura a un total de 42 concellos en Galicia.

Ademais, as subvencións contribúen ao financiamento de diferentes programas de dinamización en 35 municipios que reciben a axuda para desenvolver actividades ou campañas de promoción do uso do galego, en concreto aquelas que redunden nos ámbitos da perspectiva de xénero e da igualdade, dos servizos sociais, do tecido económico e empresarial, do deporte, das TIC e da mocidade, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que está a desenvolver a Xunta de Galicia e co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade 2019-2022 que a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou recentemente no Parlamento de Galicia.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...