Os arqueólogos do mañá fórmanse este verán nos Castros de Neixón

16 Xullo 2019
A Península de Neixón nunha imaxe aérea de Arousa Norte

20190716 O Centro Arqueolóxico do Barbanza (Castros de Neixón) recunca este verán cunha actividade formativa sobre métodos para pescudar na historia a pé de chan: os sinais que deixamos ao longo dos séculos. Estamos a falar da edición 2019 do Curso de arqueoloxía práctica no Barbanza, que se celebra en agosto nos propios Castros de Neixón, en horario de mañá e de tarde. A actividade formativa vén da man do Concello de Boiro (Centro Arqueolóxico do Barbanza) e conta co grupo GEPN-AAT da USC en labores de coordinación.
O obxectivo principal deste curso e das prácticas de campo que inclúe é que “os participantes desenvolvan as competencias, habilidades e capacitación a nivel básico para a realización de tarefas propias dunha escavación arqueolóxica, coñecendo as técnicas, procedementos e métodos para este tipo de traballos”. En termos máis concretos, familiarizarase ás persoas inscritas coas técnicas de escavación máis estendidas, o emprego de ferramentas, a identificación e o rexistro de unidades estratigráficas e o tratamento previo da cultura material.
O curso desenvolverase nunha única quenda do día 5 ao 23 de agosto. Como dixemos, as prácticas levaranse a cabo na contorna arqueolóxica dos Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), que é en si mesma un campo de probas inmellorábel: logo de todos os traballos de escavación levados a cabo, as investigacións aínda proseguen e, ademais, prometen achegar novos e interesantes achados.
O colectivo para o cal está destinado este curso é sobre todo alumnado universitario, de graos de arqueoloxía, historia, humanidades, restauración ou graos afíns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.