O rianxeiro Xosé Duncan presentou Mnemea na súa terra natal

29 Xullo 2019
Imaxe da presentación achegada pola Biblioteca Municipal de Rianxo

20190729 O escritor Xosé Duncan (Chorente – Taragoña – Rianxo, 1970) presentou a súa nova novela, Mnemea (Galaxia), na Feira do Libro de Rianxo, que vén de pechar (onte) as súas portas. Duncan, que mostrou a súa ledicia por estar na súa terra dando conta do seu traballo literario (así o reflectiu no seu Twitter, xunto coas restantes andainas pola comarca motivadas e abeiradas á súa estadía en Rianxo), veu acompañado (este sábado 27) pola concelleira de Cultura, Raquel García Abuín.

Na feira púxonos ao tento dos fíos argumentais da súa nova obra: unha novela que xira arredor da figura de Lois Mourinho, antano exitoso escritor de literatura fantástica mergullado, no presente, na elaboración da que será a súa derradeira contribución á literatura, Mnemea.

Mnemea, a segunda obra de Duncan publicada por Galaxia (logo de As lembranzas perdidas no lago Antelväri, de 2018), desta volta na serie Literaria, foi cualificada polo autor como a súa “obra con maior dose de realismo e, á vez, a máis onírica e fantástica”. E engadiu: “Se houbo xente que comparou a miña anterior novela, Antelväri, co universo Lovecraft ou con Stephen King, eu penso que Mnemea é máis do xeito do mestre Poe”.

Sobre o autor

Xosé Duncan (Chorente – Taragoña – Rianxo, 1970) achegouse por vez primeira ao mundo da escrita pola xanela que lle ofreceu o proxecto Contos Estraños. Aí colaborou con numerosos relatos desde 2012 até 2015 e publicou a triloxía de fantasía épica As crónicas de Bran. Tamén se achegou ao xénero de terror coa novela curta Hostal Norte (Urco) e á distopía coa crítica social e política na futurista cidade de Negruña (Urco). Quedou finalista en 2016 na segunda edición do certame de Literatura Fantástica Antón Risco coa obra Os soños da Deusa Nai e do Deus Tolo. Alterna o traballo como informático coa creación de máis literatura fantástica e a coordinación da revista Contos Estraños. En 2018 publicou con Galaxia As lembranzas perdidas no lago Antelväri e en 2019 foi a quenda de Mnemea, tamén con Galaxia.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.