O programa Erasmus+ incorpora ao centro boirense CEIP Santa Baia

09 Xullo 2019

20190709. O CEIP Santa Baia de Boiro participa no programa Erasmus+ co proxecto Alumnado con NEAE: Inclusión e Espazos Dinámicos. Desde o centro consideran que a educación é unha responsabilidade colectiva que pode axudar a aqueles alumnos que sofren unha situación de desvantaxe educativa. Deste xeito, coa formación de docentes e a concienciación do resto de membros da comunidade educativa “pódese contribuír a debilitar os factores xeradores da desigualdade e garantir a atención aos colectivos máis vulnerables para mellorar a súa formación e prever os riscos de exclusión social.”

As necesidades que presentan as organizacións que participan neste proxecto son a inclusión do gran número de alumnado con necesidades educativas especiais en diversas actividades tendo en conta os diferentes espazos dinámicos dentro e fóra da aula/centro; mellorar as metodoloxías AICLE e TIC para favorecer o proceso de ensinanza-aprendizaxe de todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria; enriquecer a competencia lingüística en linguas estranxeiras para converter ao centro bilingüe en plurilingüe; deseñar actividades efectivas para mellorar o traballo por proxectos e por recunchos en Educación Infantil e Primaria; así como, elaborar varios supostos que promovan a participación do alumnado na dinámica da biblioteca como eixo vertebrador do centro e tamén conseguir un clima acolledor e tranquilo.

Ademais, o CEIP Santa Baia participa en proxectos como seccións bilingües, PLAMBE, EDIXGAL, Patios Dinámicos, PBA (Metodoloxía por proxectos), Red Natura, EDLG, Seguridade Viaria, proxecto ELISA (USC), colaboración con Centro de Día e Amicos. Así mesmo, o centro entende que “a mellora das necesidades citadas anteriormente van favorecer a cooperación e interacción nestes proxectos e con estas entidades.”

Así, os obxectivos xerais consistirían en abordar as necesidades do alumnado mediante calquera programa ou recurso que aporte un progreso á calidade educativa do centro, así como formar ao profesorado e ao resto da comunidade educativa para conseguir unha mellora no proceso de ensinanza-aprendizaxe. O conxunto das actividades deseñadas para levar a cabo antes, durante e despois deste proxecto, “foron pensadas para que os principais beneficiarios poidan desfrutar dunha inclusión plena e satisfactoria desde un punto de vista didáctico e profesional dentro do que unha sociedade europea poida ofrecer para uns futuros cidadáns.” No momento de programar ditas actividades tiveron en conta a inclusión, o patrimonio cultural, eTwinning e evitar o fracaso e posible futuro abandono escolar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.