O Entroido Quente chega á Pobra o 26, 27 e 28 de xullo

08 Xullo 2019

20190708. O mundo circense é a temática elixida para o Entroido Quente pobrense que se celebrará desde o 26 ao 28 de xullo. Esta peculiar cita, organizada polo Concello e a hostalería local, contará coa participación de 21 establecementos hostaleiros, pretendendo así dinamizar o sector e converter a Pobra nun atractivo turístico.

A xornada do venres 26 estará amenizada pola charanga Batukabras, para cederlle o testemuño á TNT o sábado 27. A recollida de premios terá lugar o domingo 28, ás 21.00 horas, na praza do Emigrante e será obrigatorio asistir co disfrace gañador. Os premios consistirán en 350 euros para o #Mellor Grupo, 250 para a #Mellor Parella, 150 para o #Individual + Orixinal, 150 para o #Individual + Divertido e 100 para a #Mellor Maquillaxe.

Para participar no concurso tan só hai que subir ao Facebook unha foto acompañada do hashtag #ENTROIDOQUENTEAPOBRA e do cartel da categoría na que se participe, o cal facilitarán os patrocinadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.