O BNG denuncia que os fondos dos grupos de acción social da pesca non se destinan ao sector

09 Xullo 2019

20190709. A portavoz parlamentaria de Pesca do BNG, Montse Prado, criticou a utilización que a Consellería de Mar está a facer dos Grupos de acción social de pesca (GALPs) por considerar que “non atenden nin resolven as necesidades do sector.” De feito, denuncia que “non son máis que un conxunto de actuacións inconexas, sen estratexia nin finalidade algunha e que, para colmo, financian propostas que apenas teñen que ver co sector ao que deberían atender.”

Segundo a parlamentaria, os oito GALPs operativos están conformados por unha maioría non vinculada á actividade pesqueira, senón ambiental ou turística, entre outras. Por iso, Prado apuntou que “as prioridades destes grupos non son adoptar medidas para poder mellorar as condicións de vida das persoas que traballan no mar, para avanzar no relevo xeracional ou para incrementar as rendas, senón cuestións colaterais metidas con calzador.”

A deputada do BNG argumentou, referíndose a Rosa Quintana, que “a súa preocupación señora conselleira tiña que ser traballar pola xente do mar para mellorar as súas rendas e as súas condicións laborais, non preocuparse por cuestións laterais, que non digo que non sexan importantes, pero corresponde a turismo e, en ningún caso, deben detraer recursos que tiñan que ser destinados ao sector da pesca.”

Neste sentido, Prado indicoulle á titular de Mar que nos dez anos que leva á fronte da Consellería “Galiza perdeu 3.769 persoas afiliadas a Seguridade Social no sector da pesca, cando un dos obxectivos destes programas era a creación de emprego. Igualmente, hai 48 PERMEX menos, 800 barcos menos e a frota galega precisa modernización urxente porque ten 36 anos de media, a segunda máis vella do Estado.”

Finalmente, a parlamentaria fixo referencia ao mar como medio de vida, polo que “queremos que a xente do mar siga traballando no mar.”

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.