O BNG de Boiro denuncia a situación dos servizos sanitarios no municipio

15 Xullo 2019

20190715. O grupo municipal do BNG boirense denuncia o peche do dispensario médico en Cabo da Cruz durante os meses de verán, así como o recorte en persoal do Centro Sanitario e do PAC de O Saltiño.

Acompañado da deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado, o grupo municipal denunciou estes feitos. Así mesmo, anunciaron  que “se levará este problema, xunto ao resto de recortes que teñen lugar no resto do País, ás correspondentes sesións parlamentarias.”

Segundo manifestaron, esta situación ten “o interese de fondo en ir precarizando pouco a pouco a sanidade pública para xustificar os miles de millóns de euros que se desvían tódolos anos á sanidade privada.”

Tamén expresaron que a profesionalidade dos traballadores e traballadoras posibilita unha sanidade pública “moi digna.” Ademais, precisaron que desde a Xunta de Galicia “xa non só reducen partidas orzamentarias, se non que tamén atacan directamente ao persoal sanitario con soldos e contratos precarios e con eliminación de postos de traballo.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.