Este 21 de xullo toca celebrar na Pobra a Festa da Bici

18 Xullo 2019

20190718 Pobra vai celebrar este 21 de xullo a mobilidade limpa e sustentábel. Estamos a falar da Festa da Bici, que organiza a Concellaría de Deportes cunha vertente marcadamente saudábel pero tamén solidaria: cada participante achegará un quilo de alimentos non perecedoiros no intre de formalizar a inscrición, produtos que logo serán recollidos polas asociacións de Cáritas do municipio para, en última instancia, botar unha man ás familias que o precisen. Segundo informa o Concello, será unha festa solidaria pero tamén participativa e aberta: poderán sumarse a ela todos os veciños e residentes. O único que se esixe é o seguinte: traer bicicleta e casco.

O punto de partida será a praza Alcalde Segundo Durán, a partir das 10.15 horas. Alí, o persoal encargado da organización encargarase de realizar a inscrición dos/das participantes. O paseo comenzará aproximadamente ás 11.00 horas, con saída e chegada na praza Maior. Dende ás 10.30h. ata ás 13.30h. haberá un inchable instalado no mesmo lugar de chegada para todos nenos e nenas. Haberá dous circuítos: un percorrido con saída ás 11.00 horas para cativas e cativos de até oito anos (irán acompañados por un adulto e cubrirán unha distancia de 2 km totalmente chaira e polo casco urbano, tamén poderán participar os nenos mais maiores que teñan dificultades para realizar un percorrido mais longo) e un percorrido grande para maiores de oito anos (logo do traxecto dos máis pequenos, terá unha distancia de 11,45 quilómetros e un perfil suave e moderado).

Percorrido grande: Parque do Castelo – r/ Fedz Albor –Pistas Castelo – R/Diaz de Rábago – R/a Paz- San Roque – Camino Ancho – A Tomada – Poligono industrial A tomada – A Mirandela- Campiño – Cerzias – Laxe – A Illa ( descanso) – Laxe – Maño – Silva – Ponte de San Antonio – Paseo do Areal – Praza Maior.

Á chegada de volta a praza Maior farase un sorteo de agasallos cedidos por diferentes entidades comerciais da Pobra: Gadis, Eroski, Centro Sport/Maniotas e Sport Bike. Organiza esta actividade a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e colabora o Motoclub Sin Frenos e as entidades devanditas.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.