Corrubedo conmemorará cun xantar os seus 1.100 anos de historia

30 Xullo 2019

20190730 Os 1.100 anos da parroquia de Corrubedo, toda unha historia a carón do mar, van seguir sendo este mes de agosto motivo de celebración, logo das actividades de conmemoración e divulgación das que fomos dando conta este mes de xullo en O Barbanza: a conferencia co historiador Francisco Sánchez Fraga e máis a viaxe ás décadas pasadas de Corrubedo que achegou o arquiveiro municipal de Ribeira, José Antonio Otero Sobrido. As actividades da Asociación Corrubedo Once Siglos non rematan aí. Este 25 de agosto está previsto conmemorar os once séculos de vida da parroquia cun xantar veciñal.

A cita será na explanada do porto, baixo unha carpa habilitada para dar acollida aos comensais e na compaña de música, exaltacións histórico-gastronómicas e máis a proxección de pezas audiovisuais que mostren en imaxes a longa historia e o rico patrimonio da localidade mariñeira. A peza estrela será un vídeo elaborado polo devandito investigador Francisco Sánchez Fraga.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.