Chispetrén, Cámping Ría de Arousa e Somni levan a XIII Regata Gadis en Riveira

13 Xullo 2019

20190713.- Saída puntual da XIII Regata Gadis que organizou o Club Náutico Deportivo de Riveira, cun trazado costeiro de 11,20 millas e unha intensidade media no vento de 15 nós. Finalmente o Comité da regata elixiu o numeral 12, un percorrido de travesía que, saíndo desde as inmediacións do porto deportivo levaría aos veleiros ata Sinal do Castro, Isla de Rúa e Baliza do Ter, todas elas tomadas por Babor, ata alcanzar a liña de chegada, de novo en Riveira. Cun suroeste que portaba 15 nós estables, con puntas de 20, aínda que rolando algo ao noroeste, a proba transcorreu de maneira rápida, sendo o Chispetrén, de Jesús Iglesias, do Club Náutico de Rianxo, o primeiro en atravesala, investindo un tempo de 2 horas 13 minutos e 47 segundos. O veleiro de Iglesias alzábase desta maneira co triunfo na Clase Regata. Segundo era o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Real Club Náutico de Sanxenxo. E terceiro o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico Deportivo de Riveira. En Regata/Cruceiro facíase co Trofeo Gadis o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico de Boiro. A posto prata adxudicáballo o Santiago Roma Rías Baixas, de Iñaki Carbajo, do Club Náutico de Beluso, sendo o bronce para o Sempre Volve, de Luimi González, do Club Náutico Pobra. Na Clase Cruceiro vencía o Somni, do Helmut Bande, do Club Náutico Deportivo de Riveira. O segundo lugar da táboa era para o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro. E a terceira praza era para o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer, do Náutico de Riveira. A entrega de premios celebrouse ás seis e media da tarde, contando coa presenza do presidente de club organizador, José Luís Torres Colomer, así como da do Tenente de Alcalde de Riveira, Ramón Doval, e o Delegado de Gadis na localidade, Luís Vázquez.

Chispetrén, Camping Ría de Arosa e Somni
levanse a XIII Regata Gadis en Riveira
Un momento da XIII regata Gadis en Riveira

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.