Boiro ofrece unha finde de música galega, verbena e homenaxes ás mulleres da conserva

05 Xullo 2019
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre actuarán esta fin de semana en Boiro

20190705 Xa non é que as Festas de Boiro 2019 quezan motores, é que xa están a pleno rendemento. Este venres 5 de xullo comezan as actividades festeiras cunha serie de actividades que todo residente ou visitante debera subliñar con trazo firme no programa. A foliada de hoxe ten dous epicentros fundamentais: por unha banda a praza da Galicia, onde se inaugurarán oficialmente as festas co pregón (a cargo das traballadoras da conserva local, heroínas non sempre recoñecidas do progreso económico e social do concello), e, pola outra, a praza do Centro Social, na que haberá (a partir das 23.00 horas) un concerto pola igualdade a cargo de A Roda (a histórica banda de musica galega) e Najla Shami (cantora e compositora compostelá, que xunta nas raizames da súa música tres vertentes diferentes pero complementarias: a palestina, a galega e a arxentina).

Para mañá e o domingo, a troula continúa en diferentes emprazamentos. O sábado a partir das 12.00 horas, o parque da Cachada acolle unha festa tradicional, con música, degustación culinaria e xantar popular. Pola noite, a partir das 21.00 horas, actuarán Aroña e Xil Barbeira no palco da música da praza do Centro Social. Un pouco máis tarde, na praza de Galicia (a partir das 22.30 horas) será a quenda da verbena con Alianza e Noche de Estrellas.

O domingo prosegue a festa con Claxxon e Pasarela, ás 22.30 horas na praza de Galicia. Un pouco antes, a música galega baterá forte no palco da música da praza do Centro Social con Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, a partir das 21.30 horas.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.