As motos converteranse nas protagonistas desta fin de semana en Boiro

23 Xullo 2019

20190723. Boiro converterase en epicentro das motos do 26 ao 28 de xullo cun amplo abano de actividades para tódalas idades. A xornada arrancará o venres 26, ás 18.00 horas, coa apertura de inscricións con consumición e pincho de benvida, así como a entrega de obsequios e información turística do concello boirense e da zona Arousa Norte. O prezo da inscrición de venres a domingo é de 35 euros, mentres que da tarde do sábado ao domingo é de 30. Desde a organización encargada deste evento, Boiromotos, indicaron que como novidade deste ano contarán cun concerto en directo a cargo de Caras B e The Karavan, a partir das 23.45 horas.

Así mesmo, o secretario da organización, Manuel García, destacou que “tiramos moito pola canteira, polos nenos, con seguridade viaria infantil, algo ao que a xente non lle da importancia, pero hai que criar aos nenos enfocándoos de cara ao futuro.” Por iso, o sábado 27 terá lugar en dúas quendas, ás 11.30 e ás 17.00 horas, un curso de seguridade viaria destinada aos máis pequenos da casa, con monitores ensinándolles a parte teórica e práctica de como comportarse nas vías, tanto sendo peóns coma pilotando vehículos.

Ademais, Manuel García salientou que no transcurso do sábado, ás 10.30 e 17.00 horas, celebrarase en zona delimitada o adestramento do piloto local de Boiromotos ‘DIEGO 45’, quen se atopa actualmente no Campionato de España de Moto 5.

O domingo 28, ás 11.15 horas, terá lugar a saída da ruta Mototurística que transcorrerá polos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Poro do Son e Noia. Ao remate desta, ao redor das 12.30 horas, haberá consumición gratuíta. Finalmente, a comida para os inscritos nas instalacións acondicionadas para tal fin a cargo de Catering ARELAS, ás 14.00 horas, porá o broche de ouro á fin de semana.

Tamén haberá inchables, exhibicións, xuntanzas e premios, entre outros.

Para máis información poden visitar a páxina web www.boiromotos.com.

Outros artigos

Este sábado 12 comezan as Festas do Carme de Cabo de Cruz

Esta fin de semana e boa parte da semana que vén celébranse en Cabo de Cruz (Boiro) as Festas do Carme edición 2025, unhas celebracións na honra da patroa da xente do mar, a Virxe do Carme, que xunta actividades relixiosas, culturais e festeiras e que este ano vén cun...

+

Este sábado celébrase o XXXV Festival Folclórico de Escarabote

Este sábado 12 de xullo vaise celebrar a XXXV edición do Festival Folclórico de Escarabote, a partir das 21.00 horas, no porto da dita vila mariñeira. A cita, unha reivindicación da música, o baile e a cultura tradicionais da nosa terra, será organizada pola AC Pedra...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.