As bibliotecas de Barbanza terán novas axudas para dinamizar a lectura

03 Xullo 2019

20190703 As bibliotecas municipais da comarca van recibir apoios da Xunta para impulsar e fortalecer actividades que fomenten a lectura, poñendo o foco nas novas xeracións. Trátase dun programa de axudas que vén cunha contía total de 200.000 euros, a distribuír en bibliotecas de 154 localidades da nosa terra. As axudas chegarán ás catro grandes bibliotecas municipais de Arousa Norte (a de Pobra, a de Boiro, a de Ribeira e a de Rianxo), e tamén á axencia de lectura de Escarabote (Boiro). Todas elas recibirán algo máis de mil euros cada unha. As subvencións da Consellería de Cultura pódense no Diario Oficial de Galicia deste mércores 3 de xullo.

En termos concretos, os apoios van destinados á realización de actividades no marco do programa Ler conta moito, unha iniciativa que quere dinamizar a consulta e o empréstamo de libros como “un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal”. O importe concedido a cada concello deberase empregar para financiar o 75% do custo de cada unha das actividades e deberase financiar con fondos propios o 25% restante.

O programa de actividades incluídas nesta iniciativa será un programa amplo tematicamente: obradoiros creativos, narración oral, divulgación do coñecemento, audiovisual na biblioteca ou actividades de dinamización con música, teatro e danza, entre outros. Todas estas iniciativas están dirixidas a públicos específicos, como bebés de 0 a 3 anos, mozos e adultos e desenvolveranse ata o 27 de outubro de 2019.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.