Ares consegue a XVI Bandeira de Traíñas Concello de Rianxo

29 Xullo 2019
Cedida por LGT

20190729. O CR Ares conquistou a XVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo que se celebrou onte ao mediodía, cun tempo de 19:43:82. A prata foi parar ao SD Tirán Pereira cun tempo de 19:46:51, mentres que o CR Mecos Isabel fíxose co bronce cun tempo de 19:50:48. Despois quedou o SD Samertolameu Oversea, CR Cuca Vilaxoán, CM Bueu Teccarsa, CR Rianxo, CDM Mera, CR Cabo da Cruz, CR Muros e Amegrove CR.

O percorrido constou de 5.556 metros, repartidos en catro longos, con tres ciabogas e en liña. Ademais, a proba estivo composta por tres quendas e a clasificación final estableceuse por tempos, gañando a embarcación que acadou o mellor dato, independentemente da quenda.

Este evento deportivo arrancou, ás 12.00 horas, co inicio da regata e saída da primeira quenda e, ás 13.00 horas, entregóuselle a Bandeira ao vencedor en augas da ría de Arousa.

Ademais, o Club de Remo Rianxo disputou esta regata cunha nova traíña, unha amilibia, cedida polo Concello para mellorar a calidade dos adestramentos e competicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...