A Xunta destinará á comarca preto de 372.000 euros para promocionar a igualdade

02 Xullo 2019

20190702. A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron o resultado da resolución das axudas a entidades locais da Xunta de Galicia para o ano 2019 para fomentar e promocionar a Igualdade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Nas bases reguladoras figuran o fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; a promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; apoio aos centros de información ás mulleres e a sensibilización; e información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Deste xeito, na provincia da Coruña a Secretaría Xeral da Igualdade destinará máis de 1’8 millóns de euros para as entidades locais de toda a provincia.

Concretamente, estas achegas deixarán na comarca 371.785 euros cun primeiro pagamento do 75% da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado. O 25% restante librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención.

Serán sete entidades locais as beneficiarias para a realización de campañas de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, cunha achega de 81.000 euros para Boiro, A Pobra do Caramiñal, Carnota, Lousame, Mazaricos, Outes e Rianxo. Para a posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero en A Pobra do Caramiñal, Boiro, Carnota e Ribeira contarase con máis de 31.000 euros.

As concesións para o programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM) chegarán a Boiro, Muros, Carnota, Noia, Outes e Ribeira cunha financiación de 196.000 euros para accións de sensibilización.

Ademais, destinaranse 63.000 euros a unha decena de entidades repartidas entre os concellos da Pobra do Caramiñal, Carnota, Boiro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Ribeira.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.