A Xunta destina máis de 50 millóns de euros a políticas de vivenda

22 Xullo 2019

20190722. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, solicitou aos concellos galegos a súa colaboración para que o orzamento reservado ás políticas de vivenda, máis de 50 millóns de euros en 2019, cheguen a tódolos galegos.

Explicou que o Goberno galego inverte 52’96 millóns de euros, dos cales 26’41 se destinan a medidas e programas orientadas á rehabilitación; mentres que a parte restante, 26’55 millóns de euros, se reservan para iniciativas que teñen como obxectivo garantir o acceso á vivenda, onde destaca as axudas dirixidas aos máis mozos e ás mulleres vítimas da violencia de xénero ou de explotación sexual.

Indicou que aínda está aberto o prazo para a solicitar unha axuda ao abeiro da primeira orde para a adquisición de vivendas en centros históricos dirixida especificamente ao colectivo de menores de 35 anos, dotada de 800.000 euros. Este grupo social tamén se pode beneficiar das axudas para a adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes ou das axudas ao alugueiro, aos que se lles abona un 50% da renda durante un período máximo de tres anos. Así mesmo, sinalou que a previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) é convocar esta liña de incentivos, axudas ao alugueiro, antes de que remate o verán.

Ángeles Vázquez salientou a importancia de estar ao carón das persoas que sofren situacións de especial risco, polo que trasladou a necesidade de que os servizos sociais municipais coñezan os programas específicos para apoiar a estas persoas a iniciar un novo futuro. Lembrou que este ano por primeira vez se convocou unha liña de axudas específica para as mulleres vítimas da violencia de xénero, aos seus fillos, e a vítimas de explotación sexual, dotada con 1’6 millóns de euros. Deste xeito, cada solicitante contará con ata 225 euros ao mes para acceder á vivenda, así como a unha única axuda de 600 euros para facer fronte a gastos de contrato.

A titular de Medio Ambiente apuntou que tamén se deseñaron tres programas dirixidos especificamente aos concellos, “que en moitas ocasións teñen proxectos e iniciativas que se quedan en ideas por falta orzamento.” Salientou que os tres programas de subvencións implican poñer a disposición das administracións locais preto de 8’5 millóns de euros, para que poidan levar a cabo actuacións de rehabilitación que lles permita facilitar o acceso a unha vivenda aos seus veciños.

O IGVS deseñou varios programas específicos cos que impulsar a rehabilitación por parte dos concellos coma os programa de vivendas de mestres e de infravivenda, así como o programa de axudas do fondo de cooperación, que se poden solicitar ata o vindeiro 1 de outubro e que teñen por obxectivo financiar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. A conselleira expresou que a este programa concreto se destinarán 6’4 millóns de euros para apoiar a través de préstamos sen xuros as actuacións, así como facilitar aos concellos a realización de actuacións subsidiarias naqueles casos nos que os propietarios das vivendas se desatendan das súas obrigas. Ademais, invitou aos concellos galegos a seguir o exemplo de varios concellos da provincia coma, por exemplo, Boiro e Ribeira, os cales xa se acolleron a este programa nas convocatorias anteriores.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...