A situación entre mariscadores de a pé e rañeiros explota en Cabo de Cruz

18 Xullo 2019

20190718. Cabo de Cruz foi escenario esta mañá dun conflito entre os mariscadores de a pé e os rañeiros, pois os primeiros afirman que os segundos invaden cada vez máis espazo das súas concesións.

Segundo manifestaron os mariscadores de a pé, cando chegaron a traballar a Ladeira do Chazo e Triñáns, atopáronse con que os de a flote achegáranse case por completo a terra, superando as lindes que delimitan as zonas de traballo de cada un.

Foi entón cando o colectivo de a pé decidiu non traballar para concentrarse diante da confraría, impedindo que os de a flote puidesen comercializar as súas capturas.

Debido aos enfrontamentos entre ambas partes, foi precisa a intervención da Garda Civil.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.