A Selección Española Feminina de Voleibol prepara en Boiro o Campionato de Europa

18 Xullo 2019
Cedida por Selección Española Feminina de Voleibol

20190718. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; e membros da directiva do club de Voleibol de Boiro recibiron á Selección Española Feminina de Voleibol no municipio.

O recibimento oficial realizouse no salón de plenos do Concello, onde o alcalde e o concelleiro de Deportes fixeron intercambio de agasallos entre o municipio boirense e o equipo feminino de voleibol. Do mesmo xeito, tódalas participantes asinaron e dedicaron unhas palabras no libro de visitas do Concello, quedando así marcada a súa presencia para a posteridade.

A selección comezou a traballar este pasado luns en Boiro con 17 xogadoras para preparar o Campionato de Europa, no que se clasificaron na pasada tempada. Os partidos desta cita darán comezo o venres 23 de agosto na cidade eslovaca de Bratislav.

Como parte do traballo de preparación, as xogadoras da Selección Española Feminina de Voleibol recibirán este venres, ás 19.30 horas na Cachada, a Hungría para disputar un bilateral amigable.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.