A pirotecnia iluminará o ceo boirense este xoves

23 Xullo 2019

20190723. O xoves, 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia e sendo festivo autonómico, realizarase o espectáculo pirotécnico de Boiro, o cal se corresponde cos festexos do verán e que tivera que ser aprazado. Acompañada de música, a tirada de fogos de artificio terá lugar ás 00.00 horas na praia de Barraña, ao final da avenida da Avellaneda. Ademais da pirotecnia, vaise instalar a orquestra Limón na praza da Boqueira A Negral, poñendo así o broche final.

Desde o goberno municipal de Boiro informan que estiveron traballando nas pasadas semanas, xunto coa empresa pirotécnica, mandos da Garda Civil, Portos de Galicia, Subdelegación do goberno e empresa aseguradora, para ter toda a documentación ao día; non só para os fogos de Boiro, senón tamén para os de Cabo de Cruz e Escarabote que segundo os organizadores “foron un éxito.”

Así mesmo, o executivo manifesta que “fomos traballando e solucionado os problemas que atopábamos por data de lanzamento, sen esquecer os que estaban pendentes en Boiro.”

Respecto á administración e corpos de seguridade, tamén agradece a colaboración máxima e bo facer de Portos de Galicia, Garda Civil, especialmente ao departamento de armas, e Subdelegación do Goberno, logo de que “prestasen axuda e estivesen en continua disposición.”

Finalmente, o executivo lembrou que “este foi un traballo entre todos e así debe continuar sendo nos vindeiros anos. Temos que tomar nota e ter todas as cuestións e actividades preparadas con antelación. Evitando a improvisación.”

Outros artigos

San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión