A mocidade participante no Campamento Urbano Audiovisual de Rianxo lanza curta colectiva

31 Xullo 2019

20190731 As novas directoras e directores de Rianxo que participaron os días pasados (entre o 16 de xullo e o 27) no Campamento Urbano Audiovisual veñen de dar un novo paso no seu camiño creativo cara ao dominio total das linguaxes fílmicas: veñen de lanzar á rede social YouTube a curtametraxe elaborada colectivamente durante o transcurso do obradoiro, organizado polo Concello, impartido por Merenda Creativa e financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

O vídeo, a poucas horas de ser lanzado, está a ter moi boa acollida: máis de medio milleiro de reproducións e un claro dominio de votos positivos. A curta chámase De pateador e peiteador e é unha divertida sátira dos medios de comunicación, da fama e do exceso de popularidade que se lles concede nos medios a determinados personaxes relacionados co fútbol, en detrimento doutros oficios e carreiras igualmente dignos e proveitosos, compor exemplo o de peiteador.

O Campamento Urbano Audiovisual desenvolveuse no Pazo de Rianxo da man do Concello (Servizo de Xuventude) e para mozas e mozos de entre 13 e 17 anos. A actividade tivo como obxectivo a creación dunha curtametraxe, que é a que se presenta agora. Segundo informa a organización, as e os participantes tiveron a oportunidade de mergullarse en todas as fases para a creación da curta: elección da idea, elaboración do guión literario e do guión técnico, escolla de recursos e casting, preparación e ensaios, rodaxe, montaxe e estrea e gala final.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...