A dinamización do galego chega este verán ao Campamento de Espiñeira en Boiro

23 Xullo 2019

20190723 O galego campa!, o programa autonómico para favorecer a presenza do galego nos campamentos de verán, vai chegar estes meses a dúas ducias de emprazamentos de lecer de titularidade pública da Xunta. Así o veñen de comunicar a Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, as entidades impulsores do programa, que, desta volta, vai sumar á difusión da lingua o enxalzamento dos valores transversais da igualdade entre homes e mulleres, a educación para a paz e a prevención da violencia de xénero. A iniciativa, que se desenvolve baixo o lema Canto te quero: conversas en grupo para falar de amor estará presente no Campamento de Espiñeira en Boiro.

En concreto, os obxectivos que persegue esta oitava edición de O galego campa! son os de “introducir reflexión con perspectiva de xénero nos campamentos, axudar a identificar a violencia de xénero e promover a toma de posicións que axuden a minorar comportamentos que poidan derivar en abusos e faltas de respecto”. Para logralos, realizarase unha sucesión de pequenas actividades adaptadas ás idades e perfís dos participantes de cada campamento, entre as que se inclúen debates, teatro e xogos.

Chegará, ata o 8 de agosto, aos campamento Virxe de Loreto (Porto do Son, A Coruña), Mariña Española (Sada, A Coruña), Gandarío (Bergondo, A Coruña), Furelos (Melide, A Coruña), Espiñeira (Boiro, A Coruña), Granxa Zoo Grixalba (Sobrado, A Coruña), Area (Viveiro, Lugo), Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo), A Devesa (Ribadeo, Lugo), Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo), Poboado Os Peares (Carballedo, Lugo), Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense), Estación de Montaña de Manzaneda (Manzaneda, Ourense), Complexo O Corgo (Muíños, Ourense), Albergue A Vilavella (A Mezquita, Ourense), Residencia Xuvenil Florentino Cuevillas (Ourense), As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra), Pontemaril (Forcarei, Pontevedra) e Illa de Ons (Bueu, Pontevedra).

Toda a información e calendario de actividades no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal e na Axenda de Cultura de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.