A Deputación da Coruña destina 800.000 euros ao impulso das oficinas de turismo

30 Xullo 2019

20190730 A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer a contía que adica a impulsar o mantemento, a mellora e a profesionalización das oficinas de turismo da provincia: un total de 800.000 euros. Segundo explica a entidade provincial, arestora a práctica totalidade dos ditos servizos municipais están operativos grazas a esta convocatoria. En total, a Deputación beneficia con estes apoios as oficinas de 55 concellos, incluídas as catro que teñen presenza en Arousa Norte: a de Rianxo, a de Boiro, a de Pobra e máis a de Ribeira.

Segundo informa a entidade provincial, a devandita contía “supón unha incuestionábel mellora na calidade turística e na imaxe da oferta dos concellos”, ademais dun importante pulo para a creación de emprego de calidade para o sector”, en palabras do vicepresidente e deputado da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira.

Neste ano 2019 o orzamento da convocatoria ascende a 800.000 € cun total de 55 concellos beneficiarios da subvención. Os importes de adxudicación varían entre os 20.000 € de importe máximo e os 4.160 € de mínimo, cun baremo que ten en conta o número de prazas de aloxamento, a capacidade de cobertura da demanda turística e o interese turístico e a planificación sostida no tempo. Os concellos, co importe adxudicado, teñen a obriga de ter a oficina aberta como mínimo 4 meses para garantir unha información sostida no tempo.

A Deputación lembra que os enderezos e os horarios das oficinas pódense consultar na ligazón https://turismo.dacoruna.gal na sección “puntos de interese”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.