A décimo segunda edición da Festa da Malla chega a Boiro esta fin de semana

30 Xullo 2019

20190730. O municipio boirense celebrará a XII Festa da Malla do 2 ao 3 de agosto. Así, na xornada do día 2 terá lugar o gran serán a partir das 22.00 horas. A maior parte da programación desenvolverase o 3. Deste xeito, haberá dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas; a malla do centeo, ás 13.00 horas, no Campo de Ordenario en Teaño; o xantar popular con churrasco e carne ao caldeiro; o VI Torneo de Chave a partir das 17.00 horas; verbena da man do Dúo Beiramar e Stracto Music Disco Móvil; e, ás 20.00 horas, rifarase o porco.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.