A Casa Consistorial de Ribeira acolle a exposición da fotógrafa Marisol Penas

12 Xullo 2019

20190712. Desde hoxe e ata o 15 de agosto, a fotógrafa ribeirense Marisol Penas expón na Casa Consistorial unha trintena de imaxes nunha mostra que leva por título O mar, o barco e máis nós, en referencia a un dos versos máis coñecidos do poeta rianxeiro Manuel Antonio.

Precisamente o mar e, moi particularmente, a ría de Arousa desde diferentes perspectivas, é o tema predominante na exposición, que conta coa colaboración de O Faiado Tenda-Galería.

A concelleira de Cultura, María Sampedro e a propia artista, xunto con María José Carreira como comisaria da mostra e Eugenia Gómez en representación da galería, fixeron os honores de inaugurar esta colección: a primeira a título individual levada a cabo por Marisol Penas logo de participar en iniciativas colectivas en lugares coma Boiro ou Vilagarcía.

María Sampedro recordou que montaxe de exposicións no propio Concello xurdiu na pasada lexislatura coa hoxe conselleira Fabiola García como edil de Cultura e animou á veciñanza a acudir a contemplar as fermosas instantáneas que integran esta proposta.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...