A Biblioteca de Ribeira rende homenaxe a Xosé Chao Rego

31 Xullo 2019

20190731 A Biblioteca Municipal de Ribeira conmemorou nesta recta final de xullo a contribución literaria e ensaística dunha das figuras máis relevantes da nosa cultura recente: Xosé Chao Rego. E fíxoo achegando parte da súa extensa obra ás lectoras e lectoras. Títulos (acabados de incorporar aos fondos de Ribeira) tan sobranceiros como por exemplo O libro da auga, O misterio do lume, Eu renazo galego ou O sexo, a muller e o crego.

Segundo explican dende a biblioteca ribeirense, Chao Rego (Vilalba,1932- Santiago, 2015) é autor dunha extensa produción ensaística nos eidos da Teoloxía e a Antropoloxía Social, unha contribución que tivo históricos fitos como a publicación do primeiro tomo da Historia do Pobo de Xesús, obra de referencia na esexese bíblica e cuxo lanzamento está a piques de cumprir corenta anos.
Amais, engádese, “os escritos de Pepe Chao caracterízanse por unha análise do pensamento universal dende unha óptica netamente galega”. A biblioteca tamén lembra a “estreita relación” que Chao Rego tivo co concello de Ribeira, máis polo miúdo con Aguiño, con cuxo párroco, Francisco Lorenzo Mariño, tivo unha longa e frutífera amizade.
A Biblioteca Municipal de Ribeira vén de adquirir para o seu fondo bibliográfico unha boa parte da súa obra, que convida a ler (parafraseando un dos títulos) “para comprendermos Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...