Xosé Lois Piñeiro repetiría como alcalde en minoría da Pobra do Caramiñal

13 Xuño 2019

Se a situación non varía, todo parece indicar que o partido político encabezado por Xosé Lois Piñeiro, Nós Pobra, acadaría o bastón de mando pobrense. A lista da formación converteuse na máis votada das eleccións celebradas no pasado mes de maio, resultados que a súa asemblea valorou “moi positivamente” e considerou que obtiveron “o respaldo maioritario da cidadanía e que temos a encomenda de tratar de acceder a alcaldía e formar goberno.” Tamén sinalaron que son “perfectamente conscientes” de que non contan coa maioría suficiente para asegurar a investidura do seu candidato como alcalde. Por esta razón, solicitaron manter reunións co BNG e co PSdeG-PSOE. Respecto da primeira xuntanza mantida cos socialistas, a cal resultou “satisfactoria”, solicitaron o seu apoio na investidura e ofreceron a posibilidade de formar un goberno conxunto.

Mentres tanto, a asemblea da formación nacionalista decidiu manter a promesa feita durante a campaña electoral de que “os votos do BNG só servirían para poñer de alcalde a Ramiro Ouviña.” Por iso, non apoiarán a investidura de Nós Pobra nin dos populares, resolución que non variou tralos encontros mantidos con ambas forzas. Así mesmo, consideraron que “as matemáticas do 26M fan innecesario o voto do BNG para o nomeamento de alcalde ao candidato de Nós Pobra, xa que ao non darse unha maioría absoluta, posto que o BNG non vai pactar co PP, sairá electo na segunda ronda por razón de ser a lista máis votada.”

Pola súa parte, o PP, con Manuel Durán á cabeza, indicou que as conversas mantidas cos nacionalistas e socialistas para buscar un cambio no goberno “non deron froitos satisfactorios”, especialmente cos primeiros, aínda que agardaban que ata o sábado chegasen a un consenso para propoñer o que consideran unha alternativa. Finalmente, afirmaron que a situación establece que “é o BNG o que ten a responsabilidade de decidir a alcaldía e quen vai xestionar o noso concello nos próximos catro anos; se queren permitir que sigan gobernando como ata o de agora ou buscar un cambio.”

Agora só queda por coñecerse o acordado pola asemblea do PSdeG-PSOE, formación liderada por Patricia Lojo.

Na Pobra Do Caramiñal non foron significativos os cambios que se produciron despois dos comicios municipais celebrados o pasado mes de maio. Nós Pobra, con Xosé Lois Piñeiro García á cabeza, converteuse na lista máis votada alcanzando 5 escanos, lonxe da maioría absoluta estipulada en 7. Por outra banda, o PP liderado por Manuel Durán Guillán mantivo os 5 concelleiros cos que xa contaba, mentres que o BNG capitaneado por Ramiro Ouviña Ouviña obtivo 2 actas e o PSdeG-PSOE encabezado por Patricia Lojo Nine conseguiu conservar o seu único edil.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.