Ribeira bolsa de emprego de auxiliares administrativos

14 Xuño 2019

20190613 No BOP, aparece a convocatoria dunha bolsa de emprego de auxiliares
administrativos coa fin de atender as necesidades do Concello de
Riveira.
O obxecto desta convocatoria reside en prover as necesidades dos
diferentes servizos que conforman este Concello derivadas da
acumulación de tarefas, incapacidades temporais, maternidade,
paternidade, vacacións e situacións análogas que non poidan ser
atendidas polo persoas que con carácter permanente presta os
seus servizos no mesmo.
A inclusión na bolsa non supón en si mesma un dereito á
contratación, sendo exclusivamente a súa función a de servir de
relación ordenada e baremada das persoas que poidan ser
chamadas para a súa contratación ou nomeamente. É dicir, os
integrantes da mesma unicamente serán titulares dunha expectativa de
dereito a ser contratados ou nomeados temporalmente por orde de
puntuación.
O prazo para presentar solicitudes é de 10 días hábiles. Mais información en: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/06/13/2019_0000004628.html

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.