Rianxo reconvértese este mes de xullo en capital mundial da zanfona

25 Xuño 2019

20190625 Os días 3, 5, 6 e 7 de xullo Rianxo vaise situar, novamente, no punto máis visíbel do fervedoiro cultural galego. A razón? Pois, a celebración da edición número 15 do Encontro Internacional Zona de Zanfona, o festival temático sobre o instrumento e, en palabras da organización (aCentral Folque e Concello de Rianxo), “un certame único na Península Ibérica”.

Este ano as entidades impulsores volveron centran esforzos en achegar un programa diverso e para todos os públicos: feito á medida de especialistas ou do público en xeral que queira recadar un algo de información sobre “este fabuloso instrumento” en palabras de aCentral Folque, unha entidade longamente experimentada na promoción da zanfona (máis de vinte anos de andaina divulgadora). “O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e desfrutar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona”, engade a organización, meténdose a fondo no programa: haberá concertos-presentación de discos a cargo de Germán Díaz e Benxamín Otero (13 cancións bonitas) e Obal con (Baile en Massó) ou o entremés O conto da zanfona con María e Manuela (adaptando a historia da cega Rosa María do Val). Os concertos celebraranse na praza Rafael Dieste con entrada libre e partir das 22.30 h.

A xeito de “petisco e apertura do festival”, recunca a animación do mercadiño semanal de Rianxo dos mércores co concerto ambulante e presentación aos medios a cargo de Alba María e Ariel Ninas.

Os cursos desta edición para zanfona están impartidos por Óscar Fernández na iniciación e Paulo P., no nivel avanzado. Hai tamén un curso de danzas galegas e europeas, como preludio para o baile do sábado, a cargo de Mercedes Prieto.

O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio musical ligado ao devandito instrumento coa segunda entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que “pretende ser unha escolma de cancións coas contribucións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia”.

Programa Zona da Zanfona

Mércores 3 xullo

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

Ariel Ninas & Alba María. Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 5 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

Germán Díaz e Benxamín Otero: 13 cancións bonitas + María e Manuela: O conto da zanfona

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández.

Sábado 6 xullo

Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30

Obal: Baile en Massó. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo.

Curso zanfona (avanzado) con Paulo P (10 h-19 h). Curso baile con Mercedes Prieto (16.30-20.30)

Domingo 7 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste. 12 h.

14.30 h Xantar ZdZ + 17 h Foliada ZdZ.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.