Publicado o bando sobre as cacharelas de San Xoán en Ribeira

18 Xuño 2019

20190618. O Concello de Ribeira acaba de publicar un bando en relación ás fogueiras de San Xoán co obxectivo de previr calquera tipo de incidente co uso do lume, así como garantir unhas condicións de limpeza e hixiene adecuadas dos espazos públicos, para que poidan ser utilizados ao día seguinte pola veciñanza en perfectas condicións. Entre as normas figuran que as cacharelas deberán quedar completamente apagadas antes das 06.00 horas do 24 de xuño; unicamente se poderán realizar aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación por escrito no Rexistro do Concello ou no Rexistro Electrónico, entre os días 6 e 20 de xuño de 2019, e o día aplicable será exclusivamente o 23, “salvo excepcións debidamente xustificadas por mor de celebracións tradicionais festivas”; só se autorizan as cacharelas en solo urbano e en solo de núcleo rural; queda vedado realizar lume en solo rústico de calquera uso, así como en zonas próximas a terreos destas características “que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente”; e, queda prohibido realizar fogueiras nos areais e, no caso de facelas nas súas proximidades, será preciso contar coas autorizacións das Administracións competentes dependendo da localización.

Así mesmo, algunhas das medidas preventivas establecidas son, entre outras, a devasa mediante a eliminación manual ou mecánica da totalidade do material combustible nunha franxa de cinco metros de longo mínimo; disposición de suficiente persoal e material para o debido control das cacharelas; ou, a vixilancia da zona do lume ata a súa extinción sen que se observen lapas ou brasas.

Para máis información poden consultar o bando aquí adxunto ou a páxina web www.riveira.es.

Outros artigos

O BNG reclama ao Goberno reforzar o servizo de Correos en Ribeira

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar novas iniciativas na cámara baixa para reclamar ao Goberno do Estado que leve a cabo todas as accións que garantan a plena operatividade dos servizos de Correos no concello de Ribeira. Demanda manter o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

“A Fodona, peixeira de toda a vida”. Antón Luaces

Sempre de pé, sempre con voz de soprano fumadora invitando aos visitantes da praza do peixe e a "vacía" chea. Manola "A Fodina", filla de Agustin "O Fodón", levaba anos vendendo as capturas de seu pai aló por Guidoiros. A súa dorna pintaba en negro e vermello. Ía solo...

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

“El valor de tu voto”- Manuel Dominguez III

Hola me llamo Belarmino, permíteme presentarme. Soy diputado gracias a tu voto, sé que votaste por el partido no por mí, ya que no me conoces, te diré: estaba en paro, trabaje de vendedor, puerta a puerta, de albañil, de camarero, es decir mil oficios, pero gracias a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.