Posible cambio na alcaldía de Boiro

13 Xuño 2019

O PSdeG-PSOE boirense mantivo durante as dúas últimas semanas reunións con BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos co obxectivo de chegar a algún acordo de cara a investidura que se celebrará este sábado, xa que o seu apoio será determinante para que os socialistas poidan formar goberno. As primeiras xuntanzas serviron para coñecer a disposición das distintas forzas, mentres que as segundas foron para que os socialistas presentasen o seu proxecto de goberno e os demais partidos o puidesen valorar. Agora e a dous días do pleno, José Ramón Romero pensa que ten posibilidades de ser o novo alcalde porque “recibiron moi ben o proxecto e a situación é propicia, está ben encamiñada.”

Desde o BNG fixeron público o seu apoio ao candidato do PSdeG-PSOE, “facilitando deste xeito un cambio no goberno municipal.” Boiro Novo tamén comunicou que facilitará a investidura de José Ramón Romero e informaron aos socialistas da necesidade de abordar “varios retos urxentes que son fulcrais para o avance do noso concello tan pronto se constitúa un novo goberno.” Mentres tanto, Manuel Velo, de IC Boiro, indicou que aínda están negociando pero que “hai que deixarse de trifulcas e terá que gobernar alguén que ata o de agora estaba na oposición porque a cidadanía así o quixo.” Pola súa parte, Carlos Rodríguez, de Ciudadanos, apuntou que non queren que as cousas sigan igual polo que “a nosa postura é impulsar un cambio.” Deste xeito, o líder do PP, Juan José Dieste, tería dificultades para manterse no goberno municipal.

Boiro foi un dos municipios que máis cambios experimentou respecto dos comicios celebrados no 2015. A lista do PP liderada por Juan José Dieste Ortigueira foi a máis votada e obtivo 7 escanos, pero perdeu a maioría absoluta coa que contaba establecida en 9. Destacan os resultados obtidos polo PSdeG-PSOE, pois contra todo prognóstico, a formación encabezada por José Ramón Romero García acadou os 5 edís. Por outra banda, o BNG capitaneado por Raquel Suárez Regades mantivo os 2 concelleiros, Boiro Novo conservou a súa única acta con Dores Torrado Ares, Iniciativa Progresista de Boiro perdeu representación entrando só Manuel Velo Velo na corporación municipal e Ciudadanos con José Carlos Rodríguez Muñiz á cabeza obtivo o seu único concelleiro.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...