Os concellos da comarca súmanse á campaña LGTBQI+ da Deputación da Coruña

18 Xuño 2019
Presentación da iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña

20190618 A Deputación da Coruña e un grupo de concellos da provincia, entre os que se atopan Rianxo, Lousame, Noia, Porto do Son e Pobra do Caramiñal, están a facer fronte común pola defensa das diferentes identidades sexuais e da comunidade LGTBQI+. Trátase dunha iniciativa conxunta para celebrar o Día da Diversidade Sexual, que se conmemora no mundo o 28 de xuño. A campaña coruñesa desenvólvese baixo un lema que quere (e pode) ser viral: Liberdade de ser e sentir!

A través dela, organizaranse unha serie de accións divulgativas para lembrar a importancia (poñendo o foco nas novas xeracións) de sermos tolerantes e integradores, amais de respectuosos coa orientación de cada quen. A campaña comezou este 17 de xuño nas redes, baixo o cancelo #seresentir apostando.

Este ano formarán parte da mesma un total 39 concellos da provincia da Coruña: Ames, Arteixo, Arzúa, A Pobra do Caramiñal, As Somozas, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Cariño, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coirós, Corcubión, Culleredo, Fene, Fisterra, Laxe, Lousame, Moeche, Narón, Noia, Outes, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Rois, San Sadurniño, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Vilarmaior e Vimianzo.

Contémplanse dentro da campaña a posta en marcha de accións dirixidas a xerar na sociedade valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibilizar á sociedade sobre as diversidades sexuais e visualizar a comunidade LGTBQI+.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.