O socialista José Ramón Romero acadaría o bastón de mando boirense

05 Xuño 2019

Boiro foi un dos municipios que máis cambios experimentou respecto dos comicios celebrados no 2015. A lista do PP liderada por Juan José Dieste Ortigueira foi a máis votada e obtivo 7 escanos, pero perdeu a maioría absoluta coa que contaba establecida en 9. Destacan os resultados obtidos polo PSdeG-PSOE, pois convertéronse na gran sorpresa da noite electoral boirense. Contra todo prognóstico, a formación encabezada por José Ramón Romero García acadou os 5 edís. Por outra banda, o BNG capitaneado por Raquel Suárez Regades mantivo os 2 concelleiros, Boiro Novo conservou a súa única acta con Dores Torrado Ares, Iniciativa Progresista de Boiro perdeu representación entrando só Manuel Velo Velo na corporación municipal e Ciudadanos con José Carlos Rodríguez Muñiz á cabeza obtivo o seu único concelleiro.

O apoio do BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos sería determinante para que o PSdeG-PSOE formase goberno, pois José Ramón Romero considera que “Boiro necesita o cambio, non un goberno que nunca tivo proxecto e sen atención ao cidadán.” De feito, os socialistas xa tiveron xuntanzas esta semana cos diferentes partidos políticos, exceptuando ao PP. Estes primeiros encontros servíronlle como toma de contacto para coñecer se disporían do apoio suficiente para a súa investidura. Desde BNG, Boiro Novo e IC Boiro sinalaron que están dispostos e agardando a coñecer o proxecto de goberno dos socialistas para xuntarse cos seus respectivos membros, valoralo e tomar unha decisión final. Pola súa parte, Ciudadanos sinalou que será despois de coñecer ese plan cando se reúna o seu grupo para debater e dar a coñecer o seu veredicto. Así mesmo, faltaría por concretar se o PSdeG-PSOE asumiría o bastón de mando en solitario con acordos ou a través de pactos. Tamén pretenden manter máis adiante unha conversa cos populares “para expoñer a nosa intención e por cortesía política” apuntou Romero.

Mentres tanto, o líder do PP, Juan José Dieste, asegurou que non pactaría con ninguén, pero está disposto a buscar acordos sendo consciente das dificultades para manterse no goberno municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.