O pobrense Manuel Durán será deputado provincial do PP pola xunta electoral de Noia

20 Xuño 2019

20190620. De cara a constitución da corporación da Deputación Provincial da Coruña, son nove os concellos da comarca adscritos á xunta electoral de Noia, correspondéndolle tres deputados: dous do PP e un do PSOE. Os escanos populares estarán ocupados por Manuel Durán, da Pobra do Caramiñal, e Beatriz Molinos, de Outes; mentres que o socialista correrá a cargo de Sandra González Castro, de Noia.

Pola súa parte, os populares repartiranse en dúas anualidades, entrando catro persoas. No primeiro período do mandato estarán presentes Manuel Durán e Beatriz Molinos, para dar paso no segundo período a José Javier Pego, de Porto do Son, e Teresa Villaverde, de Lousame. Esta última será a única que repita como deputada provincial, pois xa formou parte da anterior corporación.

No caso dos socialistas, estes logran recuperar a un representante da comarca na institución provincial, pois durante os últimos catro anos o cargo correspondeulle á nacionalista Ánxela Franco, quen faleceu recentemente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.