O Concello ribeirense festexará o Día do Orgullo LGTBIQ+

27 Xuño 2019

20190627. O Concello de Ribeira únese á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ e a bandeira do colectivo vestirá durante estes días a fachada da casa consistorial.

Mañá venres 28, procederase á entrega de premios aos gañadores do concurso de chíos #rachaestereotipos, ás 12.00 horas. O alcalde, Manuel Ruiz, entregará á galardoada co primeiro premio, María Maceiras Pérez, unha tableta, e ao gañador do segundo premio, Iker Fernández Vidal, un altofalante. Ás 13.00 horas terá lugar a lectura dun manifesto na praza do Concello, unha declaración institucional do Concello ribeirense do Día do Orgullo LGTBIQ+, así como unha performance baixo o título DC-8/A posibilidade do Imposible, a cargo de LAG. Esta última trátase dunha acción como reacción á marxinación que sofren as persoas cunha orientación sexual que non segue as pautas do socialmente establecido.

Finalmente, o sábado 29, ás 13.00 horas, haberá sesión vermú con DJ na rúa Alcalá Galiano.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.