O BNG boirense defende unhas festas laicas e populares

28 Xuño 2019

20190628. O grupo nacionalista de Boiro presentou hoxe no Rexistro Xeral do Concello un escrito no que defenden unhas festas laicas e populares de acordo á Carta de Principios Políticos, ideolóxicos e valores da formación. Deste xeito, manifestan que non comparten que “cargos políticos electos nun sistema democrático e aconfesional, desfilen xunto a palios, mantillas e outros símbolos relacionados co pasado.” Tampouco comprenden que nas festas do verán, “que son unhas festas non relixiosas”, se inclúan misas na programación festiva. Así, rexeitan que “a igrexa católica, como ente privada, solicite aínda máis privilexios dos que xa ten para que o erario público se faga cargo dos gastos derivados das súas celebracións propias.”

No caso concreto das festas do Sacramento, consideran que hai unha asociación veciñal e sen ánimo de lucro que sustenta a organización do evento, polo que “debera ser a interlocutora ca administración municipal.”

Os nacionalistas fan esta declaración pública “a favor dunhas celebracións que nos representen a todas e a todos e que transmitan valores acordes cas leis que nos rexen, como o laicismo, a igualdade de xénero e a defensa da cultura propia”, así como o seu desexo de que toda a veciñanza do municipio desfrute dos festexos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.