Manuel Ruiz revalida como alcalde de Ribeira apelando a facer “unha casa común”

15 Xuño 2019

Unha vez constituída a corporación e o nomeamento dos concelleiros procedeuse á elección de alcalde con voto secreto en urna. Antes, o grupo de BNG e de Suma Ribeira renunciaron a presentar candidato á alcaldía. Mentres tanto, PP, PBBI e PSdeG-PSOE si avogaron por postular aos seus aspirantes: Manuel Ruiz Rivas, Vicente Mariño de Bricio e José Manuel Vilas Álvarez, respectivamente. O escrutinio arroxou como resultados 9 votos para Manuel Ruiz, 7 para Vicente Mariño, 2 para José Manuel Vilas e 3 en branco. Sen maioría absoluta, a cal se establece en 11, quedou proclamado o candidato da lista máis votada, Manuel Ruiz.

Durante o seu discurso, Ruiz quixo agradecerlle aos ribeirenses “que sexamos un concello de referencia, un concello onde a xente se poida entender.” Co obxectivo que comezar unha nova lexislatura centrada en satisfacer o anhelo da cidadanía, sinalou que “é o momento de deixar atrás liortas, de deixar atrás calquera tipo de exabrupto que as campañas electorais levan a dicir ou a facer.” Por iso, afirma que tende a man a tódolos grupos e que “pola miña parte non vai quedar o falar, o acercarme e chegar a acordos en beneficio de Ribeira.” Así mesmo, manifestou que é consciente de que o municipio non quixo que houbese unha maioría absoluta porque “non quixo que o programa político dun só partido fose o que se levase a cabo durante estes catro anos.” Ademais, agarda que dentro de catro anos os grupos políticos se poidan presentar “sabendo que os ribeirenses tiveron o que esperaban de nós, o deixar atrás esas siglas que tantas veces nos condicionan por algo moito máis importante para todos que é Ribeira, porque da igual escribila con b ou con v, para min Ribeira escríbese co corazón.” Así mesmo, agradeceu o traballo dos anteriores alcaldes e dos diferentes grupos municipais alo longo de 40 anos de democracia, así como a tódolos grupos da anterior corporación.

Entran como membros da corporación municipal os seguintes concelleiros: María José Sampedro Fernández, Ana Isabel Ruiz Reiriz, Ramón José Doval Sampedro, Manuel Emilio Pérez Outeiral, Ana Isabel Barreiro Rego, Víctor Reiriz Lampón, Juana María Brión Santamaría e Elvira Pereira Ageitos, do PP; Vicente Mariño de Bricio, Mª Herminia Pouso Maneiro, Mª Dolores Elorduy Callón, Miguel Ángel Vázquez Salgueiro, Emilio Andrés González Regueira, Gerardo Pardavila Fernández e Asier Casais Álvarez, do PBBI; José Manuel Vilas Álvarez e Rita Rial Fernández, do PSdeG-PSOE; Xosé Vázquez Cobas e Luís Antonio Pérez Barral, do BNG; e, Xurxo Ferrón Vidán, de Suma Ribeira.

No acto estiveron presentes numerosos veciños e veciñas, así como o excalcalde José Antonio Ventoso Mariño; Rosa García Pose, líder de IPdeR, cuxo partido non acadou representación na corporación; e, Fabiola García, conselleira de Política Social.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.