Máis de 200 autores de todo o mundo participaron no Premio Atlante de Gravado

24 Xuño 2019

20190624. O Museo do Gravado de Artes celebrou por décimo ano consecutivo o Premio Atlante de Gravado. Nesta ocasión participaron máis de 200 obras de autores de países como Australia, Polonia, Brasil, Arxentina, Uruguay, India, Rusia e España, entre outros. E desde que se iniciou este certame no ano 2009, foron máis de 3.000 as obras presentadas.

O máximo galardón foi parar a mans do artista catalán Juan Escudero García coa súa obra titulada Dos grados, unha estampa realizada coa técnica de augaforte. Deste xeito, recibirá o cheque de 5.000 euros correspondente á categoría máis importante, a cal leva o nome de Ramiro Carregal.

Así mesmo, concedéronselle os tres premios Atlante, valorados en 2.500 euros cada un, a Anna Trojanowska, de Polonia; Ana María Bellido Zambrano, de España; e, María Gabriela Guzmán, de Chile. Mentres tanto, a coruñesa Nuria Pena alcanzou o premio Galicia, dotado con 2.000 euros.

Así mesmo, concedéronselle mencións honoríficas a Sara Cabo, José Ignacio Rincón, Manuel Prados, Iago Fontoira e Javier López. Ademais, seleccionaron un total de 40 obras para a súa mostra no museo en setembro, montando unha gran exposición que ocupe dúas salas con motivo do décimo aniversario do premio, así como recuperando as gañadoras das pasadas edicións.

O xurado estivo composto por Isabel Pintado, Carmen Hermo, Juan Monterroso Montero, José Daniel Buján, José Manuel López Vázquez, Alfonso Costa e Manuel Ayaso.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...