Leiro e Isorna en Rianxo entre as parroquias priorizadas na loita contra o lume

29 Xuño 2019

20190629.- A Consellería do Medio Rural acaba de aprobar, no seo da comisión de seguimento do convenio de protección das aldeas, a incorporación de xeito automático como parroquias priorizadas neste convenio de xestión de biomasa todas quelas nas que se active unha Situación 2 por perigo de lumes forestais nos núcleos de poboación. Deste xeito, estas parroquias non terán que esperar á nova priorización anual de parroquias para poder empezar a traballar nelas ao abeiro do convenio.

Neste senso, o primeiro concello que se beneficia deste novo cambio é o coruñés de Rianxo, ao incorporar como parroquias priorizadas ao convenio as de Leiro e Isorna, que sufriron
unha Situación 2 o pasado mes de marzo. Este novo cambio permite traballar dende o primeiro momento na limpeza das faixas secundarias para dar así protección aos núcleos de
poboación. Polo tanto, a día de hoxe, no convenio de protección das aldeas hai un total de 70 parroquias priorizadas de 35 concellos galegos.

Nesta xuntanza de traballo, presidida polo director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, tamén se actualizou a relación dos concellos adheridos a este convenio
de xestión da biomasa en faixas secundarias. Así, pasouse de 177 municipios iniciais a 204, estando aberto o prazo para poder solicitar a adhesión.

O director xeral tamén subliñou que a consellería xa facilitou 97 plans municipais antiincendios aos concellos para que poidan cumprir coas súas obrigas en materia de prevención e extinción de incendios forestais. Xunto con estes plans, matizou Fernández- Couto, tamén se lles proporcionou aos concellos o enlace coa clave de acceso ao visor para que identifiquen aos propietarios das parcelas e controlar así o cumprimento das obrigas dos particulares en materia de xestión de biomasa.

Parroquia rianxeira de Leiro (Autor Arc97)

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...